[ad_1]
Redacción Galiza | O pasado 18 de outubro remataba a folga do sector do metal da provincia de Ourense. Foron 2 semanas de folga indefinida desde o 5 de outubro ás que se suman as dúas xornadas de folga do 28 e 29 de setembro. Trátase dun feito histórico, como resalta Indalecio Gómez secretario de CIG-Industria de Ourense (o sindicato maioritario), “xa que se trata da primeira folga unitaria do metal ourensán en máis de 20 anos, rompendo 22 anos de paz social”. Trátase dunha provincia onde o peso do sector siderometalúrxico é relativamente pequeno, aínda que ten un peso estratéxico na clase obreira da provincia, con concentrándose especialmente na capital, Ourense, e nalgunhas vilas como Carballiño ou o Barco de valdeorras.
Manifestacións, concentracións, piquetes informativos, espalláronse pola provincia e, espacialmente pola capital, reclamando un convenio digno que responderá á crecente carestía da vida provocada pola inflación galopante.
O anterior convenio, que non fora asinado pola CIG, estipulaba subidas salariais de apenas o 1,5%, claramante insuficentes debido ao aumento do IPC real. Ante esta situación, “a nosa proposta era dunha suba do 6,5 % os próximos dous anos e do 5% o terceiro”. A resposta da patronal cal foi? “ofrecíannos tan só una suba do 4 % os 3 anos.”
“Fomos escalando o conflito desde maio, con mobilizacións ata xullo. Deixamos pasar agosto, pero a patronal bloqueaba as negociacións, polo que lanzamos un ultimátum, cunha proposta conxunta de CIG, UGT e CCOO, aprobada pola asamblea de traballadores, con 2 xornadas de folga o 28 e 29 de setembro e, se non se atendían as reivindicacións a folga pasaría a ser indefinida a partir do 5 de outubro, tal como aconteceu. “
O seguimento da folga e a participación nas mobilizacións foi moi alto, o cal significou para os sindicatos “una grata sorpresa”. “Comparada con outras provincias, como A Coruña e Pontevedra, en Ourense as tradicións de loita obreira e de conciencia de clase aquí nunca acadaron eses niveis”.
Porén, pese ao alcance do conflito, pasou despercibido na maior parte de medios de comunicación, a nivel estatal, a nivel galego e mesmo a nivel provincial, co diario La Región , sempre ao servizo do “baltarismo” (PP Ourensán, onde a presidencia da Deputación pasa de pai a fillo dentro da familia Baltar). Falamos polo tanto, dunha folga silenciada e mesmo “criminalizada nos medios” como salienta Indalecio.
De feito, os principais medios de desinformación só se fixeron eco dunha falsa agresión realizada por piquetes a un garda de seguridade mentres ocultaban as cargas policiais realizadas contra folguistas.
A reacción foi una manifestación o 10 de outubro onde milleiros de ourensáns apoiaron as xustas reivindicacións dos traballadores.
O conflito iba acadando maior extensión, xa se organizaban autobuses dende outras provincias para participar solidariamente nas mobilizacións. Nese contexto, tras una reunión coas organización da patronal o luns 17, o martes 18 asinábase un preacordo que establecía una subida total do 15% repartida do seguinte xeito, un 5% este ano, un 5,5 no 2023 e un 4,5% para 2024. Ademois, o preacordo recollía que se ao termo da vixencia do convenio o IPC superaba o 15%, actualizaríanse as táboas para 2025 cun un tope do 18%
“Non defendimos o preacordo coa patronal, xa que nos parecía insuficiente e estábamos dispostos a ir máis alá, pero respectamos a decisión da asamblea de traballadorares, na que a participación foi masiva”. De feito só houbo 14 votos contrarios ao preacordo.
Nun contexto de retrocesos salariais, seguramente o acordo foi visto positivamente, xa que contempla melloras sobre as ofertas iniciais dos empresarios e a sensación que predominou entre os traballadores foi a de conseguir coa folga torcerlle o brazo á patronal dando un exemplo de unidade e determinación.
Finalmente, Indalecio fai un balance moi positivo da folga afirmando con afouteza : “Foi una lección de dignidade, sentimos orgullo de clase”.
[ad_2]
Source link